Refraneiro galego agrícola

  • Pícame tarde i-arrándame cedo, e sacarás ao teu amo de empeño. Isto dixo o millo.
  • Gurrón, gurrón, vinte días debaixo do turrón - díxolle a liñaza ao millo, e repúxolle este : Privada, privada, os tres días xa estás nada.
  • Ano de noces, ano de voces.
  • Horta de outono mantén ao seu dono.
  • Ano de ameixas, ano de queixas, e ano de herba, ano de miseria.
  • Cando Deus quer dar a anada, non a leva vento nin xeada.
  • Cando a ruliña veña a rular, colle o millo e vai sementar.
  • Horta de Sanmartiño, mantén o dono e o veciño.
  • Pola Santa Mariña, deixa a sacha e colle a fouciña.
  • Pola Santa María, rapa a aniña.
  • Na semana de Ramos lava os teus panos, que na maor, ou os lavarás ou non.
  • A castaña quer en agosto arder e en setembro beber.
  • Desque ven o cuco, ven o pan ao suco

Véxase tamén editar

Bibliografía editar