Os reformuladores son uns dos marcadores do discurso xunto cos estruturadores da información, conectores, operadores argumentativos, e marcadores conversacionais.

Son marcadores que presentan o membro do discurso que introducen como unha nova formulación dun membro anterior.

Tipos editar

  • Reformuladores explicativos: "ou sexa", "é dicir", "isto é", "a saber"; "noutras palabras", "noutros termos", "dito con/noutros termos", "(devandito) con outras palabras", "dito doutro xeito/modo/forma" etc...
  • Reformuladores rectificativos, que substitúen un primeiro membro, que presentan como unha formulación incorrecta, por outra que a corrixe, ou polo menos a mellora: "mellor dito", "mellor aínda", "máis ben" e "digo" -como inciso, menos gramaticalizado-, precedidos de "ou" ou "non".
  • Reformuladores de distanciamento, que presentan como non relevante un membro do discurso anterior a aquel que os acolle. Con eles non se pretende formular de novo o antes dito, senón mostrar a nova formulación como aquela que ha de condicionar a prosecución do discurso, á vez que se priva de pertinencia o membro discursivo que lle precede": "en calquera caso", "en todo caso", "de tódolos xeitos/xeitos/formas", "de calquera modo/xeito/forma" (menos frecuentes), "de calquera sorte", "de todas sortes"...
  • Reformuladores recapitulativos, que presentan o seu membro do discurso como unha conclusión ou recapitulación a partir dun membro anterior ou dunha serie deles: "en suma", "en conclusión", "en resumo", "en síntese", "en resolución"; "nunha palabra", "en dúas palabras", "en poucas palabras" -que presentan o membro como unha condensación de membros anteriores-; "en resumidas contas", "en definitiva e a final de contas", "en fin"; "total" -que se usa de dúas formas: sexa para presentar a exposición antecedente como innecesariamente prolixa, sexa como operador discursivo para reformular membros implícitos e reforzar como argumento o membro discursivo que introduce- ; "á fin e ao cabo", "logo de todo" (que indican que o membro en que se atopan ten máis forza argumentativa que outros membros anteriores antiorientados con el, como algunhas veces tamén "en realidade" e "no fondo")...