Condicionamento clásico

(Redirección desde «Reflexo condicionado»)

O condicionamento clásico ou reflexo condicionado refírese a un proceso de aprendizaxe no que un potente estímulo biolóxico (por exemplo, a comida) está vencellado a un estímulo previo neutral (por exemplo, unha campá). Tamén se refire ó proceso de aprendizaxe que se produce grazas a este vencellamento, a través do cal o estímulo neutro trata eliciar unha resposta (por exemplo, a salivación) que adoita semellarse á obtida polo estímulo potente. Estes feitos básicos, foron estudados en detalle por Ivan Pavlov con experimentos con cans. Xunto co condicionamento operante, o condicionamento clásico converteuse na base do condutismo, unha escola da psicoloxía que foi dominante a mediados do século XX e que aínda ten unha importante influencia na práctica da terapia psicolóxica e no estudo do comportamento animal. O condicionamento clásico agora é o mellor entendida dos procesos básicos de aprendizaxe, e os seus substratos neurais están empezando a ser entendidos.

Un dos cans de Pavlov.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar