Referendos sobre a bandeira de Nova Zelandia de 2015-2016

No 2015 e 2016 realizaranse dous referendos sobre a bandeira de Nova Zelandia. O proceso de votación terá dúas etapas que determinarán se se troca a bandeira e, en caso afirmativo, a cal.[1]

Deseños finais propostos para o referendo
Silver Fern (negro, branco e azul) de Kyle Lockwood. Deseño gañador do primeiro referendo.
Silver Fern (negro, branco e azul) de Kyle Lockwood. Deseño gañador do primeiro referendo.
Red Peak flag de Aaron Dustin
Red Peak flag de Aaron Dustin
Koru de Andrew Fyfe
Koru de Andrew Fyfe
Silver Fern (vermello, branco e azul) de Kyle Lockwood
Silver Fern (vermello, branco e azul) de Kyle Lockwood
Silver Fern (negro e branco) de Alofi Kanter
Silver Fern (negro e branco) de Alofi Kanter

A primeira votación tivo lugar entre o 20 de novembro e o 11 de decembro de 2015, e preguntou «Se a bandeira de Nova Zelandia cambia, que bandeira preferiría?».[2] O segundo referendo, que se realizará entre o 3 e o 24 de marzo de 2016, preguntará ós votantes se prefiren manter a bandeira actual ou a versión alternativa elixida na primeira fase.[3]

Os catro deseños coa folla de fento e o koru —un símbolo da arte maorí con forma de espiral— foron escollidos polo Comité de Estudo da Bandeira, mentres que a bandeira co chevrón —unha forma de «V» invertida— foi incluída por iniciativa popular logo de recoller 50 000 sinaturas por mor do desencanto coas opcións restantes.[4][5]

Resultados editar

Primeiro referendo editar

«Se a bandeira de Nova Zelandia cambia, que bandeira preferiría?»[6]

O primeiro referendo comezou o 20 de novembro de 2015 e rematou tres semanas despois, o 11 de decembro de 2015. Os resultados preliminares foron anunciados esa mesma noite, mentres que os resultados oficiais presentáronse o 15 de decembro. Usando un sistema preferencial,[7] pediuse aos votantes clasificar as cinco alternativas para o deseño da bandeira por orde de preferencia. O deseño máis votado enfrontouse á bandeira xa existente no segundo referendo.[8][9]

Os opositores ao cambio de bandeira animaron aos cidadáns a absterse, votar nulo ou votar estratexicamente á peor alternativa como protesta.[10]

Primeiro referendo sobre a Bandeira de Nova Zelandia, novembro–decembro 2015 (Resultados finais)[11]
Opción Primeira preferencia Segunda iteración Terceira iteración Última iteración
Votos % Votos % Votos % Votos %
  Opción A 559,587 40.15 564,660 40.85 613,159 44.77 670,790 50.58
  Opción E 580,241 41.64 584,442 42.28 607,070 44.33 655,466 49.42
  Opción B 122,152 8.77 134,561 9.73 149,321 10.90
  Opción D 78,925 5.66 98,595 7.13
  Opción C 52,710 3.78
Total 1,393,615 100.00 1,382,258 100.00 1,369,550 100.00 1,326,256 100.00
Votos non transferibles 11,357 0.73 24,065 1.56 67,359 4.35
Votos informais 149,747 9.68
Votos nulos 3,372 0.22
Total de votos 1,546,734 100.00
Participación 48.78

Segundo referendo editar

 
Resultados do segundo referendo por circunscrición electoral.      Opción 1 (alternativa)     Opción 2 (existente)

«Cal é a súa elección para a bandeira de Nova Zelandia?»[6]

O segundo referendo comezou o 3 de marzo de 2016 e finalizou tres semanas despois, o 24 de marzo de 2016. Nel pedíase aos votantes elixir entre a bandeira existente e o deseño alternativo votado no primeiro referendo.[3][12] Os resultados amosaron que a bandeira existente se impuxo cun 56,7 % dos votos, fronte ó 43,3 % do novo deseño.[13]

Segundo referendo, marzo de 2016
Option Votos
Núm. %
  Opción 1 (bandeira alternativa) 915 008 43.26
  Opción 2 (bandeira existente) 1 200 003 56.74
Total 2 115 011 100.00
Votos informais 4942
Votos nulos 4554
Votos totais 2 124 507 100.00
Participación 63.7 %

Os votos informais inclúen as papeletas nas que o votante non indicou claramente a súa primeira preferencia.
Os votos nulos inclúen as papeletas ilexibles.

Notas editar

  1. "First steps taken towards flag referendum". beehive.govt.nz (en inglés). New Zealand Government. 29 de outubro de 2014. Consultado o 16 de novembro de 2015. 
  2. "Referendums on the New Zealand Flag". elections.org.nz (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2015. Consultado o 16 de novembro de 2015. 
  3. Simpson, Rowan (2 de setembro de 2015). "Dear John" (en inglés). 
  4. Claire Trevett (15 de setembro de 2015). "Red Peak: 50,000 strong petition handed over at Parliament" (en inglés). Consultado o 16 de setembro de 2015. 
  5. 6,0 6,1 "New Zealand Flag Referendums Bill – Schedule 1". legislation.govt.nz (en inglés). New Zealand Government. 29 de xullo de 2015. Consultado o 3 de agosto de 2015. 
  6. "Referendums on the New Zealand Flag > Voting in the first referendum > How Preferential Voting works". www.elections.org.nz (en inglés). New Zealand Electoral Commission. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 5 de decembro de 2015. 
  7. "Process to consider changing New Zealand flag" (PDF). beehive.govt.nz (en inglés). New Zealand Government. 29 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de outubro de 2014. Consultado o 31 de outubro de 2014. 
  8. "Four alternatives" (PDF). govt.nz (en inglés). 1 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de setembro de 2015. Consultado o 25 de marzo de 2016. 
  9. Trevett, Claire (2 de setembro de 2015). "Revealed: Plots to gerrymander flag referendum". nzherald.co.nz (en inglés). New Zealand Herald. 
  10. "First Referendum on the New Zealand Flag -- Final Results by Count Report". Electoral Commission. 15 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2016. Consultado o 15 de decembro de 2015. 
  11. "New Zealand Flag Referendums Bill, Part 2, Subpart 4, Clause 20". legislation.govt.nz (en inglés). Goberno de Nova Zelandia. 12 de marzo de 2015. Consultado o 5 de abril de 2015. 
  12. "New Zealand votes to keep flag in referendum" (en inglés). BBC News. 24 de marzo de 2016. Consultado o 24 de marzo de 2016.