Referendo estatutario de Cataluña de 2006
O referendo sobre o Estatuto de Autonomía de Cataluña celebrouse o 18 de xuño de 2006 nesa comunidade autónoma con carácter vinculante. O seu obxectivo era decidir a entrada ou non en vigor do novo Estatut aprobado polas Cortes Xerais de España, en sesión do Senado, o 10 de maio de 2006.
Referendo estatutario de Cataluña de 2006 | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 1979 | |||||||||||||||||
Data | 18 de xuño de 2006 | ||||||||||||||||
Tipo | referendo constitucional | ||||||||||||||||
Participación política | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Resultado da votación | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
O referendo de ratificación foi convocado polo presidente da Generalitat de Cataluña, Pasqual Maragall, o 18 de maio de 2006. A pregunta, redactada nas dúas linguas oficiais do país (catalán e castelán) era: «Aproba o proxecto de Estatuto de autonomía de Cataluña?».
Prohibición de incentivar a participación
editarA Xunta Electoral Central de España prohibiu, nunha decisión sen precedentes dende o restablecemento da Generalitat en 1977, o fomento da participación por parte desta e as outras administracións públicas.[1] Esta prohibición foi ratificada polo Tribunal Supremo de España.[2]
Posición dos partidos
editar- Pediron o Si ao novo Estatut: Convergència i Unió,[3] Partit dels Socialistes de Catalunya[4] e Iniciativa per Catalunya Verds.[5]
- Pediron o NON ao novo Estatut: Esquerra Republicana de Catalunya,[6] Candidatura d'Unitat Popular[7] e Partit Popular de Catalunya.[8]
Plataformas cidadás
editarCreáronse varias plataformas para pedir o voto en diferentes sentidos:
- Si: Estatut Jo Sí
- Non: Antifranquistes pel no, Arquitectes pel no, Diguem No (integrada pola Campanya Unitària per l'Autodeterminació e a Plataforma Pel dret de decidir e máis de 130 entidades), Sindicalistes pel no, Plataforma Pel dret de decidir, Economistes pel no.
- Voto nul: Vota lliure, vota independència
Resultados
editarO referendo estatutario tivo os seguintes resultados:[9][10]
- Electores: 5.310.103
- Votantes: 2.594.167 (participación do 48,9%)
- Si: 1.899.897 (73,2%)
- Non: 533.742 (20,6%)
- Brancos: 137.207 (5,3%)
- Nulos: 23.321 (0,9%)
- Votantes: 2.594.167 (participación do 48,9%)
Notas
editar- ↑ La Junta Electoral Central obliga la Generalitat a modificar la campanya del referèndum 3/24
- ↑ El Suprem dóna la raó a la JEC i el Govern de la Generalitat no podrà incentivar el vot en la campanya pel referèndum Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. 3/24
- ↑ "Sí a l'Estatut". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2013. Consultado o 28 de xaneiro de 2017.
- ↑ Els dirigents del PSC i el PSOE fan pinya pel sí a l'estatut Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. VilaWeb
- ↑ "ICV - Raons pel Sí a l'Estatut" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de marzo de 2016. Consultado o 19 de marzo de 2016.
- ↑ ERC diu "no" a l'Estatut pactat entre Zapatero i Mas i garanteix l'estabilitat del tripartit 3/24
- ↑ "Estatuts d'autonomia - CUP". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 28 de xaneiro de 2017.
- ↑ La campaña del PP contra el Estatut tendrá en Cataluña rasgos diferenciales ABC (en castelán)
- ↑ Referèndum per a l'Estatut de Catalunya. Vots. Per opcions. Comarques, àmbits i províncies Idescat
- ↑ Referèndum per a l'Estatut de Catalunya.Distribució dels vots.Per opcions. Comarques, àmbits i províncies Idescat