Referendo de independencia de Osetia do Sur de 2006
O 12 de novembro de 2006 celebrouse un referendo de independencia na república non recoñecida de Osetia do Sur, anteriormente óblast autónomo dentro da República Socialista Soviética de Xeorxia, coa súa capital en Tskhinvali.
Referendo de independencia de Osetia do Sur de 2006 | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 1992 | |||||||||||||||||
Data | 12 de novembro de 2006 | ||||||||||||||||
Tipo | Referendo de independencia | ||||||||||||||||
Participación política | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Resultado da votación | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Referendo
editarOs votantes no referendo de independencia organizado por Tskhinvali responderon á pregunta: "Debería a República de Osetia do Sur manter o seu status actual de Estado Independente e ser recoñecida pola comunidade internacional?"[1]
Paralelamente ao referendo e ás eleccións, o movemento de oposición de Osetia, apoiado por Xeorxia]], organizou as súas propias eleccións en Eredvi, habitada por xeorxianos étnicos, nas que participaron cinco candidatos presidenciais osetios contrarios a Eduard Kokoity. No referendo alternativo, os votantes responderon á seguinte pregunta: "Debería Osetia do Sur comezar discusións con Tbilisi sobre un estado federal que a unifique con Xeorxia?" Segundo a Comisión Electoral das Eleccións Alternativas, 42.000 votantes acudiron ás eleccións celebradas nos territorios baixo control xeorxiano, pero Tskhinvali afirmou que os electores eran só 14.000. Dmitry Sanakoyev foi elixido polo 88% dos votantes como presidente alternativo de Osetia do Sur.[1]
Resultados
editarO 13 de novembro de 2006, a Comisión Electoral Central de Osetia do Sur anunciou os resultados do referendo. O 99% dos votantes apoiou a independencia,[2] cunha participación electoral do 95%.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Two Referendums and Two "Presidents" in South Ossetia". 2006-11-20. Arquivado dende o orixinal o 2006-11-28.
- ↑ "99% of South Ossetian voters approve independence". Regnum. 13 de novembro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 27 de novembro de 2006.