ProQuest RefWorks

xestor bibliográfico en liña
(Redirixido desde «RefWorks»)

ProQuest RefWorks, coñecido anteriormente como RefWorks é un xestor bibliográfico en liña para organizacións corporativas, académicas e gobernamentais. Este software comercial de xestión bibliográfica é utilizado por máis de 900 organizacións a nivel mundial.[Cómpre referencia] Dá soporte a un número crecente de bases de datos. RefWorks colabora con provedores como ProQuest, HighWire, EBSCO, ISI e BioOne. Foi creado no 2001 e o programa e demais produtos foron comercializados por Cambridge Scientific Abstracts dende o 2002 ata ser adquirida por ProQuest no 2008.[1] O 18 de xaneiro de 2016 saíu ao mercado unha versión nova da aplicación web, chamada ProQuest Refworks. A versión orixinal pasou a chamarse Legacy RefWorks e mantívose dispoñible para a migración cara a nova ata xaneiro de 2018.[2]

ProQuest RefWorks
Sitio webwww.refworks-cos.com/refworks

CaracterísticasEditar

As referencias bibliográficas das bases de datos dos usuarios de Refworks son almacenadas en liña de modo que se poden actualizar ou se pode acceder a elas a través dunha conexión a Internet. Moitas bases de datos bibliográficos implementaron a posibilidade de exportar referencias directas a Refworks: Google Scholar, JSTOR, WoS e Scopus, entre outras moitas.[Cómpre referencia] Para utilizar o software están dispoñibles tanto licenzas individuais como licenzas institucionais que permiten ás universidades subscribir abonamentos por conta dos seus estudantes e para o seu persoal. Ás bases de datos que conteñen as referencias son accesibles en liña, permitindo deste xeito ós usuarios gardarnovas referencias dende calquera computador conectado a Internet. RefWorks facilita a importación directa de referencias bibliográficas dos maiores motores de busca e bases de datos académicas [3][4].

O complemento Write-n-Cite precisa ser instalado para crear bibliografías en Google Docs e en Microsoft Word. En comparación con EndNote, RefWorks ten unha interface máis simple e é intuitiva. A diferenza doutros sistemas de xestión de citas, pódese adquirir a través de institucións e ser posta a disposición dos usuarios gratuitamente. Write-N-Cite permite integrar referencias desde a conta de Refworks en documentos escritos co procesador de textos de Microsoft Word, incluíndo notas a pé e citas no texto. As bibliografías pódense formatear en MS Word e Google Docs.

RefWorks non pode recuperar versións de texto completo de artigos de revistas, a diferenza de EndNote. Non ten a capacidade de crear listas de gráficos e cifras con formato. Co produto RefMobile pódese acceder dende terminais móbiles.[5] Pódese utilizar con iPads, mais a funcionalidade é limitada. No entanto, pódese utilizar para almacenar e anotar PDFs. Permite tamén a migración dos datos a Mendeley.[6]

UtilidadesEditar

  1. Facer unha base de datos persoal que almacene referencias bibliográficas, tanto se son introducidas manualmente como se son importadas de bases de datos.
  2. Xestionar as referencias: clasificalas e ordenalas en carpetas.
  3. Elaborar automaticamente bibliografías en diferentes formatos (Chicago, MLA etc.) coas referencias agrupadas. Tamén permite exportalas a un documento de texto.
  4. Compartir as referencias tanto con usuarios de Refworks como con outros usuarios que non estean dados de alta en Refworks.

NotasEditar

  1. "ProQuest acquires RefWorks". ProQuest (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2015. 
  2. Biblioteca Universitaria deDeusto. "Biblioguías Deusto: RefWorks (versión antigua): Migración al nuevo RefWorks". biblioguias.biblioteca.deusto.es (en castelán). Consultado o 20 de novembro de 2020. 
  3. "Direct Export Partners" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2015. 
  4. =ProQuestRefWorks (28 de febreiro de 2012). "Adding References to RefWorks Using Direct Export". YouTube (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2015. 
  5. "RefWorks: xestor de bibliografías". www.udc.es. Consultado o 20 de novembro de 2020. 
  6. Zaldúa, Mercedes Díaz. "Guías de la BUS: Mendeley: Migrar desde RefWorks". guiasbus.us.es (en castelán). Consultado o 20 de novembro de 2020. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar