Redención Gallega

periódico aparecido en Vigo entre 1910 e 1913

Redención Gallega foi un periódico aparecido en Vigo entre 1910 e 1913.

Redención Gallega
Tipopublicacion periódica Editar o valor en Wikidata
Publicación
Lugar publicaciónVigo Editar o valor en Wikidata
País orixeEspaña Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo13 de marzo de 1910 Editar o valor en Wikidata
Remate1913 Editar o valor en Wikidata
Data de creación13 de marzo de 1910 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Historia e características

editar

Apareceu o 13 de marzo de 1910. Periódico decenal e despois quincenal dirixido por Arturo Prieto Alcayna, criticou o sistema foral e avogou pola liberación total do labrego. Foi voceiro das sociedades agrícolas de Teis-Lavadores, funcionando como órgano do Directorio Antiforista de Teis.[1] Entre os seus colaboradores figuraron Juan Amoedo,[2] Ventura López e Antonio Bermúdez Posada.[3] Antonio Bermudez foi denunciado polo delito de inxurias contra José Camiña, cura de Trasmañó, por un artigo publicado no semanario; xulgado na Audiencia de Pontevedra en maio de 1911,[4] foi condenado a tres anos e seis meses de desterro.[5] No I Congreso Agrario Provincial de Pontevedra de 1912 foi nomeado voceiro da Federación Provincial de Agricultores. En 1913 polemizou con La Tierra. Cesou a súa publicación a finais de 1913.

  1. El Tea, 19-3-1910, p. 3.
  2. El Tea, 14-5-1910, p. 2.
  3. Diario de Galicia, 21-9-1910, p. 1.
  4. La Correspondencia Gallega, 5-5-1911, p. 2.
  5. Noticiero de Vigo, 10-5-1911, p, 3.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar