Red Joan

filme de 2018 dirixido por Trevor Nunn

Red Joan é unha película británica de drama e espías, dirixida por Trevor Nunn, a partir dun guión de Lindsay Shapero. A película é protagonizada por Stephen Campbell Moore, Sophie Cookson, Tom Hughes, Ben Miles, Nina Sosanya, Tereza Srbova e Judi Dench.

Red Joan
Ficha técnica
Título orixinalRed Joan
DirectorTrevor Nunn
ProdutorDavid Parfitt
GuiónLindsay Shapero
Intérpretes
MúsicaGeorge Fenton
FotografíaZac Nicholson
MontaxeKristina Hetherington
Estudio
DistribuidoraLionsgate
Estrea2018
Duración101 minutos
OrixeReino Unido
XéneroDrama
Recadación9,8 $ millóns[1][2]
Na rede
IMDB: tt7615302 Filmaffinity: 865408 Allocine: 260881 Rottentomatoes: m/red_joan Mojo: redjoan Metacritic: movie/red-joan Netlix: 80202772Editar o valor em Wikidata

Red Joan tivo a súa estrea mundial no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 7 de setembro de 2018. Foi estreada o 19 de abril de 2019 por Lionsgate no Reino Unido.

Sinopse editar

Red Joan baséase nunha novela do mesmo nome escrita por Jennie Rooney, inspirada na vida de Melita Norwood.[3] Norwood traballou como secretaria na Asociación Británica de Investigación de Metais Non Ferrosos e forneceu á Unión Soviética segredos, cos cales os soviéticos desenvolveron tecnoloxía de bombas nucleares.[4][5]

Joan Stanley é unha moza que estuda física na Universidade de Cambridge, pero que ao coñecer a Sonya (Tereza Srbova) e Leo (Tom Hughes) involúcrase coas ideas comunistas.[6] A súa historia, que se remonta a 1938, lémbrase en flashbacks cando Joan na vellez é interrogada pola Special Branch.[7]

Elenco editar

  • Judi Dench como Joan Stanley.
    • Sophie Cookson como Joan Stanley de nova.
  • Tom Hughes como Leo Galich.
  • Tereza Srbova como Sonya.
  • Stephen Campbell Moore como Max.
  • Ben Miles como Nick.
  • Laurence Spellman como Patrick Adams.
  • Stephen Boxer como Peter Kierl.
  • Freddie Gaminara como William Mitchell.
  • Robin Soans como Clement Attlee.
  • Kevin Fuller como o detective Philips.
  • Simon Ludders como capitán da nave.
  • Ciarán Owens como o detective Hughes.
  • Irfan Shamji como xornalista.
  • Adrian Wheeler como Heckler no Rally.
  • Steven Hillman como garda da prisión.
  • James Yeates como reporteiro.
  • Connor Wolf como estudante.
  • Phill Langhorne como oficial uniformado.

Produción editar

A película é protagonizada por Judi Dench e Sophie Cookson, e é dirixida por Trevor Nunn.[8] David Parfitt é o produtor, e o guión é de Lindsay Shapero.[9]

Estrea editar

A película tivo a súa estrea mundial no Festival Internacional de Cine de Toronto o 7 de setembro de 2018.[10] Pouco despois, IFC Films adquiriu os dereitos de distribución da película nos Estados Unidos.[11] Foi estreada nos Estados Unidos e no Reino Unido o 19 de abril de 2019.[12][13]

Notas editar

  1. "Red Joan (2018)". The Numbers. Nash Information Services, LLC. Consultado o 11 de agosto de 2019. 
  2. "Red Joan (2018)". Box Office Mojo. IMDb. Consultado o 16 de xuño de 2019. 
  3. Grater2017-09-07T11:00:00+01:00, Tom. "Judi Dench, Sophie Cookson to star in Trevor Nunn's 'Red Joan' (exclusive)" (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2020. 
  4. "'Red Joan' explores real-life spy's recruitment, life and dilemma" (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2020. 
  5. April 22, Mick LaSalle. "Review: Judi Dench shows range in ‘Red Joan,’ portraying a complete idiot" (en inglés). Consultado o 26 de outubro de 2019. 
  6. Catsoulis, Jeannette (18 de abril de 2019). "‘Red Joan’ Review: I Spy, Reluctantly". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 17 de setembro de 2020. 
  7. Bradshaw, Peter (17 de abril de 2019). "Red Joan review – Judi Dench underused in brittle defector drama". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 17 de setembro de 2020. 
  8. "Judi Dench, Sophie Cookson to star in Trevor Nunn's 'Red Joan' (exclusive)". Consultado o 17 de setembro de 2020. 
  9. "AFM: Judi Dench's 'Red Joan' Biopic Sells Internationally (Exclusive)". Consultado o 17 de setembro de 2020. 
  10. "Toronto: Timothee Chalamet Starrer 'Beautiful Boy,' Dan Fogelman's 'Life Itself' Among Festival Lineup" (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2020. 
  11. Keslassy, Elsa (14 de setembro de 2018). "Judi Dench’s Spy Thriller ‘Red Joan’ Lands at IFC Films (EXCLUSIVE)". Consultado o 17 de setembro de 2020. 
  12. Billington, Alex (16 de xaneiro de 2019). "Sophie Cookson & Judi Dench in First Trailer for Spy Drama 'Red Joan'". Consultado o 17 de setembro de 2020. 
  13. "Red Joan". Consultado o 17 de setembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar