Receptor da transferrina

Receptor da transferrina 1, dímero, humano
Identificadores
Símbolo TFRC
Símbolos alt. CD71, TFR1
Entrez 7037
HUGO 11763
OMIM

190010

RefSeq NM_003234
UniProt P02786
Outros datos
Locus Cr. 3 q29
Identificadores
Símbolo TFR2
Símbolos alt. HFE3, TFRC2
Entrez 7036
HUGO 11762
OMIM

604720

RefSeq NM_003227
UniProt Q9UP52
Outros datos
Locus Cr. 7 q22

O receptor da transferrina (TfR) é unha proteína transportadora da superficie celular, que transporta transferrina. É necesario para a importación de ferro ao interior da célula e está regulado en resposta á concentración intracelular de ferro. Cando a transferrina do plasma sanguíneo, que transporta ferro, se une a este receptor, o complexo transferrina-ferro é introducido na célula por medio de endocitose mediada por receptor, o que permite á célula obter ferro.[1]

Regulación do metabolismo do ferro polas IRE-BP.

Hai dous tipos de receptores da transferrina, chamados TFR1 (ou TFRC ou CD71) e TFR2.

Regulación

editar

As concentracións baixas de ferro promoven un incremento dos niveis do receptor de transferrina, para que se incremente así a captación de ferro e se manteña a homeostase do ferro.

A produción de TfR na célula está regulada de acordo cos niveis de ferro por medio das proteínas de unión ao elemento de resposta ao ferro (IRE-BP), tamén chamadas Proteínas Reguladoras do Ferro (IRP). Estas proteínas únense á estrutura en forquita chamada IRE, que se encontra na rexión 3' UTR do ARNm do receptor da transferrina. Unha vez que estas proteínas se unen ao receptor, inhíbese a degradación do ARNm do receptor, polo que se produce máis receptor. Cando hai moito ferro, estas proteínas non están unidas ao ARNm, que se degrada e non se produce receptor.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
  • MeshName Transferrin+receptor [1]
  • Okam M (2001-01-29). "Transerrin and Iron Transport Physiology". Information Center for Sickle Cell and Thalassemic Disorders. Brigham and Women's Hospital and Harvard Medical School. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2007. Consultado o 2010-12-19.