Rebeca Atencia

veterinaria galega
(Redirección desde «Rebeca Atienza»)

Rebeca Atencia, nada en Ferrol en 1977, é unha veterinaria e primatóloga galega. É a directora do Centro de Rehabilitación de Chimpancés de Tchimpouga, na República do Congo, dependente do Instituto Jane Goodall.

Rebeca Atencia
Lugar de nacementoFerrol
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónveterinaria e primatóloga
Na rede
Dialnet: 3889158
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Pasou a infancia en Serantes[1]. Logo estudou veterinaria na Universidade Complutense de Madrid.

No ano 2005 comezou a colaborar na ONG Help Congo nun proxecto de reintrodución de primates feridos no Parque Nacional de Conkouati Douli, na República do Congo.

Levaba 10 meses nesa reserva cando recibiron a visita da primatóloga Jane Goodall, na altura a maior primatóloga do mundo. Goodall fixóuselle no traballo e propúxolle dirixir o centro de rehabilitación de Tchimpounga, situado non moi lonxe de alí, 50 km ao norte de Pointe-Noire, xa no departamento de Kouilou. Nese centro, fundado en 1992, coidan e protexen uns 150 chimpancés e bonobos procedentes de capturas ilegais, co propósito de volvelos á selva. Ao mesmo tempo desenvolven un labor de educación e sensibilización sobre estes animais dirixida á poboación da zona e realizan estudos zoolóxicos, como o que Atencia dirixiu sobre cardioloxía dos chimpancés, analizando as diferenzas entre os electrocardiogramas de chimpancés e humanos[2].

HonrasEditar

O Concello de Ferrol concedeulle o Premio 8 de Marzo no ano 2019 en recoñecemento ao seu traballo e impecable traxectoria.[3][4]

A revista Newsweek escolleuna como unha das 20 mulleres do futuro no ano 2018[2].

En 2017 foi galardoada co Premio Benestar Animal por parte do Colexio de Veterinarios de Madrid[4].

Vida persoalEditar

A súa parella, o madrileño Fernando Turmo, traballa como director de comunicación para o Instituto Jane Goodall[5]. Ten un fillo que se chama Kutú[1].

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar