Real Federación Española de Tenis

A Real Federación Española de Tenis (RFET) é o máximo órgano regulador do tenis en España. O seu labor é o goberno, xestión, administración e regulamentación do deporte do tenis en España. A súa sede está en Barcelona.

Sede da Real Federación Española de Tenis, situada no antigo restaurante da Font del Gat de Barcelona, obra do arquitecto Puig i Cadafalch de 1918.

Está integrada polas federa­ciones de tenis de ámbito autonómico e polos clubs deportivos, deportistas, técnicos-adestradores e xuíces-árbitros da devandita modalidade deportiva.

A nivel internacional, a RFET é a entidade deportiva que ostenta a representación de España nas actividades e competicións tenísticas oficiais de carácter internacional celebradas dentro e fóra do territorio español. É competencia da RFET a elección dos tenistas que han de integrar as seleccións nacionais de tenis como o Equipo Nacional de Copa Davis.

Os torneos máis destacados a nivel internacional nos que obstenta a representación a federación son a Copa Davis e Copa Federación xunto cos Xogos Olímpicos dentro da delegación do Comité Olímpico Español.

Afiliacións editar

A RFET forma parte da Federación Internacional de Tenis (ITF) e da Asociación Europea de Tenis (AET), cuxa representación exerce en España con carácter exclusivo.

Tamén se encontra afiliada ao Comité Olímpico Español como federación española con deporte olímpico.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar