Real Club Náutico Portosín
O Real Club Náutico Portosín é un club náutico da vila de Portosín, no concello coruñés de Porto do Son, creado en 1977. Conta cunha escola de vela e unha escola de mergullo.
Grímpola | |
Fundación | 1977 |
---|---|
Dirección | Porto Deportivo, s/n. 15999 Portosín |
País | Galicia |
Páxina web | www.rcnportosin.com |
Historia
editarFoi fundado en 1977. En 2012 anunciouse que organizaría o campionato do mundo de clase Platu 25 en 2013.[1]
En abril de 2013 o club conseguiu a distinción Real Club.[2]
Instalacións
editar- Amarres: 210 (distribuídos en 4 peiraos)
- Calado máximo: 9 m.
- Calado mínimo 1,5 m.
Regatas
editarEntre as distintas regatas que organiza, cabe destacar:
- Regata RCN Portosín
- Regata Ría de Muros e Noia
- Mar de Finisterre-Trofeo Repsol
- Regata Verano
- Gran Trofeo Faro de Corrubedo
- Regata Letras Galegas
- Regata Comodoro
- Regata Presidente
Notas
editar- ↑ El Náutico de Portosín organizará el Campeonato del Mundo de Platú 25 en el 2013 Arquivado 11/03/2016, en Wayback Machine.; La Voz de Galicia, 12 de xuño de 2012 (en castelán)
- ↑ "La baliza del noroeste, nº 33"; R.C.N. Portosín, decembro de 2013 (en castelán)