Reacción de Cushing

A reacción de Cushing é unha resposta automática do sistema nervioso central que se inicia cando a presión do líquido cefalorraquídeo no interior do cranio é demasiado elevada. Un aumento importante da presión do LCR pode facer que se iguale coa tensión arterial e interromper a circulación sanguínea cerebral. Cando o fluxo arterial cae a cero, prodúcese o reflexo de Cushing, que eleva a presión arterial ata superar a presión do LCR. Deste xeito, iníciase de novo a perfusión cerebral.

O reflexo protexe os centros vitais, evitando que cese a achega de osíxeno e polo tanto se produza a necrose do tecido nervioso.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar