SC Rasta Vechta

(Redirección desde «Rasta Vechta»)

O Sports Club Rasta Vechta é un club profesional de baloncesto da cidade de Vechta, Baixa Saxonia, que xoga na ProA, segunda categoría do baloncesto alemán. Fundado en 1979, o Rasta Vechta pasou a maior parte da súa historia en divisións inferiores do baloncesto alemán, ata que en 2012 ascendeu á ProA, a segunda categoría. En 2014 ascendeu por primeira vez na súa historia á Bundesliga, e dende entón descendeu á ProA e ascendeu de volta á Bundesliga en varias ocasións.

Rasta Vechta
Información xeral
Liga ProA
Fundación 26 de xuño de 1979
Cores           Laranxa e negro
Presidente Alemaña Stefan Niemeyer
Adestrador Derrick Allen
Localización
Cidade Alemaña Vechta, Alemaña
Pavillón Rasta Dome
Capacidade 3 140
Inauguración 12 de outubro de 2011
Campionatos
ProA 2 (2013, 2018)
rasta-vechta.de

Historia

editar

Ano a ano

editar
Ano Nivel Liga Pos. Copa Competicións europeas
2009–10 3 ProB 12º
2010–11 3 ProB
2011–12 3 ProB
2012–13 2 ProA
2013–14 1 BBL 18º
2014–15 2 ProA 10º
2015–16 2 ProA
2016–17 1 BBL 17º
2017–18 2 ProA
2018–19 1 BBL
2019–20 1 BBL Oitavos de final 3 BCL LR
2020–21 1 BBL 18º Fase de grupos

Pavillón

editar

O Rasta Vechta xoga os seus encontros como local no Rasta Dome. O pavillón está situado na propia cidade de Vechta. Foi inaugurado o 12 de outubro de 2011. O recinto orixinariamente tiña capacidade para 2.000 persoas, pero foi ampliado a 3.140 para cumprir os requirimentos da Basketball Bundesliga.[1]

Palmarés

editar
  • ProA
    • Campións (2): 2013, 2018
    • Subcampións (1): 2016
  1. "RASTA-DOME wird bereits nach einem Jahr erweitert". SC Rasta Vechta. 2013-02-27. Consultado o 2016-08-13. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar