Rape Me

canción de Nirvana
«Rape Me»
sinxelo de Nirvana
do álbum In Utero
Lanzamento decembro de 1993
Formato {{{formato}}}
Gravada febreiro de 1993
Xénero musical grunge
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 2:49
Discográfica DGC Records
Produtor(es) Steve Albini
Escritor(es) Kurt Cobain
Cronoloxía
«"Heart-Shaped Box «Rape Me» «"Pennyroyal Tea
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Rape Me" é unha canción da banda estadounidense de grunge Nirvana, editada como segundo sinxelo (como dobre cara-A xunto con "All Apologies") do seu terceiro álbum, In Utero. O sinxelo acadou o posto 32 na lista británica de sinxelos.

Listaxe de cancións editar

Todos os temas compostos por Kurt Cobain.

  1. "All Apologies" - 3:50
  2. "Rape Me" - 2:49
  3. "Moist Vagina" - 3:34

Algunhas versións do sinxelo listan "Moist Vagina" como "MV".

Outras versións editar

Unha versión ao vivo de "Rape Me", gravada no programa Saturday Night Live o 25 de setembro de 1993, aparece no álbum recompilatorio Saturday Night Live: The Musical Performances, Volume 2 e no DVD Saturday Night Live: 25 Years of Music, Volume 4.

Dúas versións do tema aparecen no box set do 2004 With the Lights Out: unha versión caseira acústica en solitario, e a vesión de estudio de 1992. Ámbalas dúas tamén están no recompilatorio do 2005 Sliver: The Best of the Box. Pode escoitarse a Frances Bean Cobain chorando ao fondo da versión demo de estudio.

Outra versión ao vivo, gravada o 31 de outubro de 1991 no Paramount Theatre de Seattle, Washington, está no disco catro e no DVD da versión "Super Deluxe" da re-edición do Nevermind do ano 2011, e tamén no vídeo do mesmo ano Live at the Paramount.

A canción foi renomeada como "Waif Me" no empaquetado para as tendas Wal-Mart e Kmart, que atopaban o seu título demasiado controvertido; a canción en si permaneceu sen cambios e tamén aparece co seu nome real no libreto.

A versión de In Utero está incluída nos dous recompilatorios de grandes éxitos da banda, Nirvana (2002) e Icon (2010).