Ranma ½

serie de manga xaponesa

Ranma ½ (らんま½ Ranma Nibun-no-Ichi?) é unha serie de manga xaponesa escrita e ilustrada por Rumiko Takahashi. Foi publicada por Weekly Shōnen Sunday dende setembro de 1987 até marzo de 1996, cos capítulos reunidos en 38 volumes tankōbon por Shogakukan. A historia xira arredor dun rapaz chamado Ranma Saotome que se adestrou nas artes marciais dende que era un cativo. Por mor dun accidente durante unha xornada de adestramentoo, quedou maldicido en converterse en rapaza cada vez que sexa mollado con auga fría, e en volver a ser rapaz cando se molla con auga quente. A trama principal é a busca de Ranma por desfacerse da maldición, atopando no seu camiño amigos, inimigos e amores.

Ranma ½
{{{caption}}}
らんま½
(Ranma Nibun-no-Ichi)
XéneroAventuras,[1] artes marciais,[2] comedia romántica[3]
Manga Ranma ½
Creado por Rumiko Takahashi
Editor Shogakukan
Publicado en Weekly Shōnen Sunday
Primeira edición setembro de 1987
Última edición marzo de 1996
Núm. de volumes 38
Anime Ranma ½
Dirixido por Tomomi Mochizuki
Tsutomu Shibayama
Estudio Studio Deen
Canle televisiva Fuji Tv
Primeira emisión 15 de abril de 1989
Última emisión 16 de setembro de 1989
Núm. de capítulos 18
Anime Ranma ½ Nettōhen
Dirixido por Koji Sawai
Junji Nishimura
Estudio Studio Deen
Canle televisiva Fuji Tv
Primeira emisión 20 de outubro de 1989
Última emisión 25 de setembro de 1992
Núm. de capítulos 143
Filmes
  • Ranma ½: Big Trouble in Nekonron, China
  • Ranma ½: Nihao My Concubine
  • Ranma ½: Super Indiscriminate Decisive Battle! Team Ranma vs. the Legendary Phoenix
Especiais de TV
  • OVAs
  • Serie de acción en vivo

Ranma ½ ten unha fórmula baseada na comedia e nun personaxe de sexo cambiante, que acotío se transforma en rapaza para conseguir os seus obxectivos. A serie ten outros personaxes, cuxas intricadas relacións entre eles, as súas infrecuentes características e as súas personalidades excéntricas conducen a historia da serie.

O manga foi adaptado en dúas series de anime creadas por Studio Deen: Ranma ½ e Ranma ½ Nettōhen (らんま½ 熱闘編?), sendo ámbalas dúas emitidas por Fuji Television dende 1989 a 1992. Ademais, creáronse 12 OVAs e tres filmes. No 2011, produciuse unha serie de acción en vivo emitida por Nippon Television. O manga de Ranma ½ vendeu máis de 53 millóns de copias no Xapón.

Notas editar

  1. Viz Media (ed.). "VIZ MEDIA CONCLUDES 2015 WITH AN ACTION AND DRAMA-FILLED DIGITAL ANIME UPDATE FOR DECEMBER". Consultado o 10 de agosto de 2018. 
  2. Viz Media (ed.). "The Official Website for Ranma 1/2". Consultado o 27 de outubro de 2017. 
  3. Anime News Network, ed. (15 de xullo de 2017). "Celebrate 30 Years of Martial Arts Mischief with Ranma 1/2 Stamps". Consultado o 29 de xullo de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar