RandstadRail é unha rede pública de transporte rápido da zona sur da conurbación coñecida como Randstad, no oeste dos Países Baixos, que conecta A Haia, Zoetermeer e Rotterdam.

Un mapa da rede RandstadRail, que une A Haia (á esquerda) con Zoetermeer (á dereita) e con Rotterdam (abaixo).

A rede utiliza principalmente antigas vías de tren e as xa existentes do tranvía, cun novo paso elevado na Haia e un novo túnel en Rotterdam. Trátase, pois, dun sistema híbrido de tranvías e de metro, con tramos de superficie e outros soterrados (as estacións utilizadas por estas liñas dispoñen de plataformas cunha parte alta e outra baixa), todo isto complementado con dúas liñas de autobuses.

A rede editar

 
O metro de Rotterdam pasando en superficie preto de Nootdorp.

Liña de metro editar

A liña E do metro de Rotterdam, antes chamada Erasmuslijn, discorre por unha gran parte da antiga liña ferroviaria de Hofpleinlijn, entre a estación central da Haia (Den Haag Centraal Station) e a estación de Hofplein, en Rotterdam. Inaugurouse como liña pertencente á RandstadRail en setembro 2006.

Dentro da operación de conversión da antiga liña á nova RandstadRail, comezouse utilizando a rede de tranvía de Rotterdam (mantendo algúns pasos a nivel), á que se lle engadiron máis paradas, ao tempo que se incrementou a frecuencia dos trens. Aínda que esta conversión non estivo exenta de problemas técnicos e, mesmo, un descarrilamento, a liña entrou en funcionamento convertida xa en metro en setembro de 2007.[1]

A terminal de Rotterdam Hofplein foi substituída en 2010 por un túnel que conecta a liña coa rede local de metro na estación central de ferrocarril de Rotterdam (Rotterdam Centraal). En decembro de 2011, a liña estendeuse ata a estación de metro de Slinge, ao sur de Rotterdam, compartindo a sección entre Rotterdam Centraal e Slinge coa liña de metro D xa existente, tendo así a súa estación termo na cidade de Spijkenisse, ao suroeste de Rotterdam. O metro desta liña pasa cada 10 ou 15 minutos.

Liña Ruta de metro
E Den Haag Centraal - Laan van NO - Voorburg 't Loo - Leidschendam-Voorburg - Forepark - Leidschenveen - Nootdorp - Pijnacker Centrum - Pijnacker Zuid - Berkel Westpolder - Rodenrijs - Meijersplein - Melanchthonweg - Blijdorp - Rotterdam Centraal - Stadhuis - Beurs - Leuvehaven - Wilhelminaplein - Rijnhaven - Maashaven - Zuidplein - Slinge
 
Un tranvía da RandstadRail no túnel da Haia

Liñas de tranvía e tren editar

A RandstadRail inclúe tres liñas de tranvía e tren (liñas 3, 4 e 19), todas elas entre A Haia e Zoetermeer. Encárgase destas liñas a HTM, empresa operadora do transporte público da Haia.

Liña Rutas de tranvía e tren
3 Arnold Spoelplein - Pisuissestraat - Mozartlaan - Heliotrooplaan - Muurbloemweg - Hoefbladlaan - De Savornin Lohmanplein - Appelstraat - Zonnebloemstraat - Azaleaplein - Goudenregenstraat - Fahrenheitstraat - Valkenbosplein - Conradkade - Van Speijkstraat - Elandstraat - MCH Westeinde - Brouwersgracht - Grote Markt - Spui - Den Haag Centraal - Beatrixkwartier - Laan van NOI - Voorburg 't Loo - Leidschendam-Voorburg - Forepark - Leidschenveen - Voorweg (nivel baixo) - Centrum West - Stadhuis - Palenstein - Seghwaert - Leidsewallen - De Leyens - Buytenwegh - Voorweg (nivel alto) - Meerzicht - Driemanspolder - Delftsewallen - Dorp - West
4 De Uithof - Beresteinaan - Bouwlustlaan - De Rade - Dedemsvaart - Zuidwoldepad - Leyenburg - Monnickendamplein - Tienhovenselaan - Dierenselaan - De La Reyweg - Monstersestraat - MCH Westeinde - Brouwersgracht - Grote Markt - Spui - Den Haag Centraal - Beatrixkwartier - Laan van NOI - Voorburg 't Loo - Leidschendam-Voorburg - Forepark - Leidschenveen - Voorweg (nivel baixo) - Centrum West - Stadhuis - Palenstein - Seghwaert - Willem Dreeslaan - Oosterheem - Javalaan
19 MCH Antoniushove - Leidsenhage - Weigelia - Oosteinde - Oude Middenweg - Klaverveld - Leidschenveen Centrum - Lanen - Station Ypenburg - Weidevogellaan - Gruttosingel - Scholekstersingel - Ypenburg Centrum - A. Fokkersingel - Brasserskade - Nieuwe Plantage
 
Un autobús da RandstadRail preto de Berkel en Rodenrijs.

Liñas de autobús editar

En decembro de 2012 engadíronse a RandstadRail dúas liñas de autobús, coñecidas como ZoRo-bus (as liñas 170 e 173), que van de Zoetermeer e a estación Rodenrijs RandstadRail, onde conectan coa liña E do metro da Randstadrail que fai o traxecto de ida e volta a Rotterdam. Para este proxecto construíuse un novo carril para autobuses entre ambas as cidades. Opera estas rutas a empresa RET

Estas liñas teñen unha periodicidade de tres percorridos cada hora e dispoñen dunha conexión case instantánea para chegar ao metro de Randstadrail na estación de Rodenrijs RandstadRail. Na súa estación termo (Zoetermeer Centrum-West Randstadrail) estas liñas de autobús conectan con todas as liñas locais e rexionais de Zoetermeer (Arriva e Veolia) e coas liñas RandstadRail 3 e 4.

Liña Rutas de autobús
170 Rodenrijs - Berkel en Rodenrijs - Estación Zoetermeer - Station Zoetermeer Oost - Centrum West
173 Rodenrijs - Berkel en Rodenrijs - Bergschenhoek - Korenmolenweg - Bleiswijk - Centrum West

Notas editar

  1. O descarrilamento máis grave tivo lugar o 29 de novembro de 2006 e nel resultaron feridos 17 pasaxeiros.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar