Ramón Somoza Álvarez

gandeiro e político galego

Ramón Somoza Álvarez, nado en Ourense en 1899 e finado en Castroncelos (A Pobra do Brollón) o 13 de xullo de 1938, foi un gandeiro e político galego.

Infotaula de personaRamón Somoza Álvarez
Biografía
Nacemento1899 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xullo de 1938 Editar o valor em Wikidata (38/39 anos)
A Pobra do Brollón, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngandeiro Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Gandeiro. En 1930 participou na reorganización da Agrupación Socialista de Monforte de Lemos. Participou na folga xeral revolucionaria de 1934 e foi procesado. Liberado grazas a amnistía decretada tralo triunfo do Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi recibido en San Clodio de Ribas de Sil xunto con Juan Tizón Herreros e Eduardo Amador Corzo.[1] Foi designado concelleiro de Monforte polo gobernador civil o 15 de marzo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Foi capturado o 11 de xullo de 1938. Foi asasinado con José Rodríguez Silvosa o 13 de xullo de 1938 en Seixo de Castroncelos (A Pobra do Brollón) durante un traslado.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 26-2-1936, p. 2.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar