Ramón Guisasola

político galego

José Ramón Guisasola Gorrity, nado en 1935 e finado o 1 de novembro de 2011,[1] foi un político galego.

Infotaula de personaRamón Guisasola
Biografía
Nacemento1935 Editar o valor em Wikidata
Morte1 de novembro de 2011 Editar o valor em Wikidata (75/76 anos)
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi alcalde de Sanxenxo en dúas ocasións. Na primeira foi designado polo gobernador civil en 1963, e continuou até xaneiro de 1969. Substituído por Miguel Ángel Botana nese ano, ao finais da década, e xa finado o ditador Franco, foi elixido concelleiro por Coalición Democrática nas primeiras eleccións municipais, en 1979.

En 1983 encabezou a candidatura de Alianza Popular e foi elixido alcalde. Revalidou a alcaldía en 1987, ampliando a marxe de vantaxe, mais dous anos despois, en xullo de 1989, un conflito de intereses urbanísticos fixo que o tamén concelleiro popular Elisardo Balboa o desbancase nunha moción de censura[1]. De feito, en 1988 fora procesado por prevaricación por unha licenza de obras[2]. Ao remate desa lexislatura, en 1991, abandonou a política activa.


Predecesor:
José Luis Mellid
  
Alcalde de Sanxenxo
 
1963 - 1969
Sucesor:
Miguel Ángel Botana
Predecesor:
Antonio Pérez Pereira
  
Alcalde de Sanxenxo
 
1983 - 1989
Sucesor:
Elisardo Balboa

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Casal, Javier (2011-11-01). "Conmoción por el fallecimiento del exalcalde Guisasola Gorrity". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2021-01-30. 
  2. EFE (1988-08-12). "Alcalde procesado". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-01-30.