Ramón González Calviño
Ramón González Calviño, nado en Ourense cara a 1886 e finado na mesma cidade o 1 de abril de 1937, foi un zapateiro e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1886 ![]() Ourense, España ![]() |
Morte | 1 de abril de 1937 ![]() Ourense, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | zapateiro ![]() |
Familia![]() | |
Fillos | Josefina González Cudeiro ![]() |
Traxectoria
editarZapateiro en Ourense. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochou na súa casa do número 31 da rúa Raíña Victoria a Enrique Nanín Ansias. Foi detido na madrugada do 27 de marzo de 1937 xunto con Enrique Nanín e os seus fillos, os irmáns Ángel e Julio González Cudeiro.[1] A filla Josefina González Cudeiro tamén foi encarcerada. Foi xulgado en consello de guerra por rebelión e condenado a pena de morte. Foi fusilado no Campo de Aragón o 1 de abril de 1937.[2][3]
Vida persoal
editarCasou con Vicenta Cudeiro Caseiro e foi pai de Josefina, Ángel, Julio, Luisa e Maruja González Cudeiro.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Prada Rodríguez, Julio (2004). Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión. Sada: Do Castro. ISBN 978-84-8485-157-8.
Ligazóns externas
editarRamón González Calviño na páxina web Nomes e Voces.