Ramón Ferreira
Ramón Ferreira López, nado en Chantada en 1921 e finado en Miami o 7 de novembro de 2007[1], foi un escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1921 Chantada, España |
Morte | 7 de novembro de 2007 (85/86 anos) |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Traxectoria
editarChegou a Cuba con oito anos coa súa nai e os seus irmáns. Estudou no Centro Gallego de La Habana. Viaxou aos Estados Unidos en 1946 e fixo cursos de fotografía en Boston. Volveu á Habana, estableceuse como fotógrafo e dedicouse a escribir narrativa e teatro. Recibiu mencións polo conto "El Pozo" en 1949 e "Tiburón" en 1950, e ese ano gañou o premio do concurso internacional co relato "Bagazo". O seu libro Tiburón y otros cuentos recibiu o Premio Nacional de Cuentos da Dirección de Cultura do Ministerio de Educación en 1951. A súa obra teatral Donde está la luz tivo unha mención no concurso do Patronato del Teatro. En 1957 comezou a dirixir G. E. Noticias e ese mesmo ano recibiu o Premio Tirso de Molina do Instituto de Cultura Hispánica de Madrid por El mar de cada día que foi recomenda para a súa publicación polo xurado do concurso da Casa de las Américas en 1960. En 1959 estreou a peza teatral El hombre inmaculado. En 1960 marchou a México, establecéndose en Porto Rico onde viviu ata 1999, cando se trasladou a Miami.
Obras
editar- Tiburón y otros cuentos, 1952.
- Los malos olores de este mundo. Cuentos, 1969.
- The gravedigger and other stories, 1986.
- Papá, cuéntame un cuento, 1989.
- Más allá la isla, 1991.
- Eslabones del exilio, 2005.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Domingo Cuadriello, Jorge (2002). Los españoles en las letras cubanas durante el siglo XX. Diccionario Bio-Bibliográfico. Sevilla: Renacimiento. p. 72. ISBN 84-8472-069-1. Consultado o 8 de marzo de 2014.