Rafiki

filme de 2018 dirixido por Wanuri Kahiu

Rafiki é un filme kenyano de 2018 dirixido por Wanuri Kahiu.[1] Inspirado na historia da escritora ugandesa Monica Arac de Nyeko "Jambula Tree", gañadora do premio Caine no 2007, Rafiki é a historia de amizade e de amor entre dúas rapazas, Kena e Ziki, no medio das presións familiares e políticas. O filme foi estreado internacionalmente na sección Un Certain Regard do Festival de Cannes de 2018.[2][3]

Rafiki
Ficha técnica
Título orixinalRafiki
DirectorWanuri Kahiu
ProdutorSteven Markovitz
Guión
  • Wanuri Kahiu
  • Jena Cato Bass
Intérpretes
  • Samantha Mugatsia
  • Sheila Munyiva
FotografíaChristopher Wessels
MontaxeIsabelle Dedieu
EstreaFestival de Cannes: 9 de maio de 2018
Kenya 23 de setembro de 2018
Duración82 minutos
OrixeQuenia Kenya
XéneroDrama
Na rede
https://www.rafikimovie.com/
IMDB: tt8286894 Filmaffinity: 846556 Allocine: 264016 Rottentomatoes: m/rafiki_2019 Editar o valor em Wikidata

Personaxes editar

Prohibición editar

Rafiki foi prohibido pola Kenya Film Classification Board (KFCB) "debido á súa temática homosexual e o claro intento de promocionar o lesbianismo en Kenya en contra da lei".[4] A KFCB tamén advertiu de que calquera que fose descuberto en posesión do filme estaría a romper a lei en Kenya, onde o sexo homosexual está penado con 14 anos de cárcere. A prohibición provocou a indignación internacional entre os partidarios dos dereitos LGBT.[5][6]

A directora do filme, Wanuri Kahiu, demandou ó goberno de Kenya para conseguir que o filme fose estreado nos cinemas e fose elixible como candidato de Kenya no Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 91ª edición dos premios.[7] O 21 de setembro de 2018, o Tribunal Supremo de Kenya levantou a prohibición do filme, permitindo que se proxectase no país durante sete días, cumprindo así os requisitos de elixibilidade.[8][9] Despois de que a prohibición fose levantada, o filme foi mostrado a unha multitude con tódalas entradas vendidas nun cinema de Nairobi.[10] Malia o cesamento da prohibición, non foi escollido como candidato de Kenya nos Oscar, sendo elixido Supa Modo no seu canto.[11][12]

Notas editar

  1. Cannes (ed.). "Rafiki". Consultado o 6 de maio de 2018. 
  2. Cannes (ed.). "The 2018 Official Selection". Consultado o 12 de abril de 2018. 
  3. Variety (ed.). "Cannes Lineup Includes New Films From Spike Lee, Jean-Luc Godard". Consultado o 12 de abril de 2018. 
  4. Twitter (ed.). "KFCB on Twitter" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2018. 
  5. Daily Nation (ed.). "Ban of Kenyan film over lesbianism criticised" (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2018. 
  6. BBC News (ed.). "Kenya bans Rafiki ahead of Cannes debut over lesbian scenes". Consultado o 8 de maio de 2018. 
  7. Mutuko, Mumbi (11 de setembro de 2018). Kenyans, ed. "Government Sued for Preventing Kenyan Movie From Winning Oscars". Consultado o 11 de setembro de 2018. 
  8. The Star (Kenya), ed. (21 de setembro de 2018). "High court lifts ban on lesbian themed movie 'Rafiki'". Consultado o 21 de setembro de 2018. 
  9. Tuko, ed. (21 de setembro de 2018). "High Court lifts ban on controversial lesbian movie, dismisses moral police Ezekiel Mutua". Consultado o 21 de setembro de 2018. 
  10. The Sydney Morning Herald (ed.). "Lesbian film Rafiki sells out after Kenyan court lifts ban". Consultado o 23 de setembro de 2018. 
  11. Musyoka, Michael (28 de setembro de 2018). Kenyans.co.ke, ed. "Supa Modo is Kenya's Submission to Oscars, Rafiki Loses Out". Consultado o 28 de setembro de 2018. 
  12. Vourlias, Christopher (28 de setembro de 2018). Variety, ed. "Kenya Picks Berlinale Crowd-Pleaser ‘Supa Modo’ as Its Oscar Hopeful". Consultado o 28 de setembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar