Rafael Quiroga Daviña
Rafael Quiroga Daviña, nado en Sirgueiros (O Incio) cara a 1886, foi un sindicalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1886 (137/138 anos) Sirgueiros, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarFillo de Rafael Quiroga Riomol e Mercedes Daviña Durricart. Veciño de San Clodio. Foi secretario do xulgado municipal de Peñamellera Alta dende 1928.[1] Despois foi secretario do xulgado municipal de Ribas de Sil. Foi promotor e presidente da Sociedad Cultural Recreativa Artesana de Ribas de Sil (1933).[2] Directivo da UGT e membro da Agrupación Socialista de Ribas de Sil. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de outubro e internado no Cárcere de Lugo. Foi xulgado en Lugo por rebelión militar en consello de guerra celebrado en 1937 e condenado a pena de morte. Pasou ao Hospital de onde fuxiu,[3] abríronlle expediente por responsabilidades políticas en setembro de 1937.[4] Permaneceu agochado até 1940, cando se entregou. Foille conmutada a pena por cadea perpetua e despois por 30 anos de reclusión maior.
Vida persoal
editarCasou con Josefa Palomil Montoto.
Notas
editar- ↑ [4=loadDetailSerie&idCuadro=1002&idTipo=1580 Archivo Municipal de Peñamellera Alta]
- ↑ Construción e destrución da cidadanía societaria: Dinámica soial e política da provincia de Lugo na Segunda República e nos primeiros anos do franquismo (1930-1950) / Antonio Somoza Cayado. Tese de doutoramento USC.
- ↑ Requisitoria en El Progreso, 18-4-1937, p. 3.
- ↑ BOE, 9-10-1937, p.