Rafael Pérez Martínez
Rafael Pérez Martínez, nado en Cados (Muíños) o 3 de febreiro de 1945[1], é un político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de febreiro de 1945 ![]() Cados, España ![]() |
![]() | |
1983 – 1995 ← Lisardo Quintas Graña – Plácido Álvarez Dobaño → ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | empregado de banca , político ![]() |
Traxectoria
editarDirector da Caixa de Aforros de Ourense en Muíños. Nas primeiras eleccións municipais democráticas foi elixido concelleiro do PSdeG-PSOE en Muíños. Nese mandato foi designado deputado provincial, o único do PSdeG nesa corporación e por tanto o primeiro de toda a democracia. Nas eleccións municipais de 1983 foi elixido alcalde de Muíños grazas ao apoio dos concelleiros de AP. Nas municipais de 1987 revalidou a alcaldía con maioría absoluta, sendo ademais designado deputado provincial. Volveu revalidar a alcaldía con maioría absoluta nas municipais de 1991. Nas municipais de 1995 perdeu a alcaldía en favor do PPdeG, por tan só 11 votos, e permaneceu como portavoz socialista no concello durante ese mandato, tralo cal se retirou da primeira liña política.
Predecesor: Lisardo Quintas Graña |
Alcalde de Muíños 1983 - 1995 |
Sucesor: Plácido Álvarez Dobaño |