Rafael Martínez Cortiña
Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de abril de 1937 Lugo, Galicia |
Morte | 6 de febreiro de 2007 (69 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | Economista e escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Premios |
Traxectoria editar
Catedrático de Estrutura e Institucións Económicas na Universidade Complutense de Madrid. Foi conselleiro delegado e vicepresidente do Banco Exterior de España (1978-1989), presidente da Sociedade Internacional para o Desenvolvemento e da Sociedade Económica Mundial, vicepresidente do Banco Atlántico (1983-1989) e presidente do Banco Simeón (1983-1989). Foi presidente do Banco de Asturias (1990-1996) durante o período en que a entidade financeira estivo baixo o control do grupo británico National Wesminster Bank (Natwest). Realizou traballos sobre o mundo bancario internacional e a economía rexional española. Recibiu a Medalla Castelao en 1988.
Obras editar
- El fomento a la exportación en el desarrollo económico, 1966.
- Las regiones españolas ante la asociación con Europa, 1966.
- Crédito y banca es España: análisis y estrutura, 1971.
- Dicionario Planeta de Economía, 1980.
- La transición económica de España, 1990.
- Estructura Económica. Teoría básica y estructura mundial, en colaboración con José Luis Sampedro.