Rafael Hernanz Angulo

árbitro galego de fútbol

Rafael Hernanz Angulo, nado en Pontevedra o 21 de decembro de 1965 e finado en Madrid o 6 de setembro de 2011, foi un árbitro de fútbol galego.

Modelo:BiografíaRafael Hernanz Angulo
Biografía
Nacemento21 de decembro de 1965 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de setembro de 2011 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónárbitro de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsBeatriz Hernanz Editar o valor en Wikidata

Facebook: 100000833022707 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Profesionalmente, Hernanz Angulo foi un avogado, licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. Empregado de banca[1], dedicouse á xestión de entidades deportivas e participou no equipo organizador dos Xogos Olímpicos de 1992, así como director xeral de diferentes clubs deportivos, entre eles o Pontevedra CF ou Albacete Balompié. Mestrado en Dereito deportivo pola Universidade de Lleida e diplomado posteriormente en Xestión e administración de entidades deportivas pola Complutense, tamén integrou diversos comités disciplinarios de federacións deportivas e postos como a secretaría xeral da Asociación Española de Dereito Deportivo.[2]

Como árbitro de fútbol, en 1995 ascendeu a Segunda división española, onde disputou unicamente unha temporada, pois en 1996 conseguiu o ascenso a Primeira. Na máxima categoría resiste soamente un ano, e en 1997 descende a Segunda e ao ano seguinte regresou a Segunda B, nunha decisión que recorreu xudicialmente e que gañou. Nese ano deixou a arbitraxe e retomou a vida laboral como avogado. Recibiu a Medalla da Real Orde del Mérito Deportivo de España a título póstumo en 2011.[3]

Vida persoal

editar

Foi irmán da poeta Beatriz Hernanz.

  1. Fallece el ex árbitro de Primera Hernanz Angulo, La Nueva España, 8/9/2011.
  2. "Buscando :: AEDD". aedd.webnode.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 2015-12-28. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2016. Consultado o 28 de decembro de 2015.