Rafael Antonio Orense

político galego

Rafael Antonio de Orense Figueroa, nado en Padrón en 1845 e finado en Santiago de Compostela o 27 de abril de 1887,[1] foi un político galego.

Rafael Antonio Orense
Nacemento1845
Lugar de nacementoPadrón
Falecemento27 de abril de 1887
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi deputado provincial da Coruña. Foi elixido deputado polo distrito de Padrón nas eleccións de abril de 1872 e volveu ser elixido deputado polo mesmo distrito nas eleccións de 1876. Nas eleccións de 1881 foi elixido deputado polo distrito de Cambados e nas de 1886 volveu ser elixido polo distrito de Padrón.

Vida persoalEditar

Casou con Benigna Artime Santamarina, filla de Benigno Artime Álvarez, que finou en 1876.[2]

RecoñecementosEditar

  • Cabaleiro Gran Cruz da Orde do Cristo de Portugal.
  • Comendador de número da americana de Isabel a Católica.
  • Xefe superior honorario de Administración civil.

NotasEditar

  1. El Eco Comercial, 3-5-1887, p. 1.
  2. El Diario de Santiago, 11-4-1876, p. 3.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar