Radio Oriental é unha das emisoras de radio uruguaias máis antigas do país. A súa programación combina a actualidade informativa, deportiva e o entretemento cos asuntos relativos á relixión católica.

Logotipo empregado por Radio Oriental

Historia editar

Radio Oriental comezou a emitir o 12 de novembro de 1928 baixo o nome de Radio Westinghouse, xa que foi a empresa Westinghouse quen proporcionou os equipos para o inicio das súas emisións, anos máis tarde adoptou a denominación á actual de Radio Oriental.

 
Edificio do Club Católico, sede de Radio Oriental.

En 1969 a emisora é adquirida polo Grupo Monte Carlo, unha empresa xornalística propietaria doutros medios de comunicación. Ese mesmo ano os estudos comezan a ocupar o mesmo edificio que Radio Monte Carlo, na Avenida 18 de xullo 1224. Durante eses anos, as emisoras compartiron a súa sede e as súas edicións informativas transmitidas en simultáneo. En decembro de 2003 é vendida e adquirida pola Arquidiócesis de Montevideo[1] grazas a fondos recibidos do exterior.[2] Desde 2006 emite "Sempre en Galicia"[3], o programa de radio en lingua galega máis lonxevo en emisión[4].

Estudios editar

Os seus estudios están situados na rúa Cerrito 475, na Cidade Vella de Montevideo e a súa antena emisora atópase na Avenida Cesar M. Gutiérrez no barrio Abayubá próximo ao límite do departamento de Montevideo co departamento de Canelones. A emisora transmite en amplitude modulada pola frecuencia de 770 kHz, en canle libre internacional e a súa transmisor ten unha potencia de 100 kW, sendo a emisora privada de maior potencia do Uruguai e podendo ser sintonizada na Arxentina e no Brasil.

Notas editar

  1. "VENTA DE RADIO ORIENTAL" (en castelán). Consultado o 2021-04-01. 
  2. "Wayback Machine" (PDF). 2010-02-14. Archived from the original on 14 de febreiro de 2010. Consultado o 2021-04-01. 
  3. Faraldo, Manuel L. (2020-09-08). "Sempre en Galicia, el programa de radio en gallego más longevo, cumple 70 años en Montevideo" (en castelán). Consultado o 2021-04-01. 
  4. "Sempre en Galicia / Hemeroteca / Fondos documentais / Consello da Cultura Galega". consellodacultura.gal. Consultado o 2021-04-01. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar