Rabo de Peixe

freguesía de Portugal

Rabo de Peixe é unha vila portuguesa sede da freguesía de Rabo de Peixe do municipio da Ribeira Grande, nos Azores. Ten 16,98 km² de área,[1] e en 2021 tiña 8 801 habitantes, cunha densidade de poboación de 518,2 hab./km².[2]

Modelo:Xeografía políticaRabo de Peixe
Imaxe

Localización
Mapa
 37°48′36″N 25°35′08″O / 37.81, -25.5856
EstadoPortugal
Rexión AutónomaAzores
ConcelloRibeira Grande Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación8.801 (2021) Editar o valor en Wikidata (518,32 hab./km²)
Xeografía
Superficie16,98 km² Editar o valor en Wikidata
Santo padrónXesús de Nazaret Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal9600-124 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico292 Editar o valor en Wikidata

Páxina webjf-rabodepeixe.pt Editar o valor en Wikidata

Rabo de Peixe foi elevada a categoría de vila o 25 de abril de 2004.[3]

Cunha área 16,98 km², na que se inclúe o lugar de Santana, a freguesía de Rabo de Peixe limita co océano Atlántico ao norte, coas freguesías de Calhetas e Pico da Pedra ao leste, coa Ribeira Seca e Santa Bárbara ao oeste, e co Livramento (Ponta Delgada) e Cabouco (Lagoa), ao sur.

Vive esencialmente da pesca e da agricultura, habendo industrias de construción e de transformación de peixe como principais empregadores.

Traxedia de 2001

editar

En xuño de 2001 máis de 505 kg de cocaína 80% pura[4] chegaron a Rabo de Peixe porque a embarcación que a transportaba (un iate Sun Kiss 47, do siciliano Antoni Quinzi) naufragou preto da costa azoriana. A droga tiña como destino España, mais acabou entre os habitantes de Rabo de Peixe, que colleron os fardos que chegaban do mar e quedaron con eles.

A cocaína chegou a consumirse de xeito masivo entre a poboación. Dada a facilidade de compra e os baixos prezos, o consumo da droga marcou unha xeración enteira e condeouna a unhas consecuencias nefastas que aínda persistiron anos despois.[5] Dise que mesmo empregaban a droga para fritir o peixe ou como azucre para o café.[6]

En maio de 2023 estreouse a serie de televisión Rabo de Peixe, de Augusto Fraga, en Netflix,[7] que falaba sobre este caso.

  1. "Carta Administrativa Oficial de Portugal CAOP 2013". IGP Instituto Geográfico Português. Arquivado dende o orixinal o 9 de decembro de 2013. Consultado o 10 de decembro de 2013. 
  2. Instituto Nacional de Estatística (23 de novembro de 2022). "Censos 2021 - resultados definitivos". 
  3. "Decreto Legislativo Regional n.º 17-A/2004/A, de 4 de maio". diariodarepublica.pt. Consultado o 6 de novembro de 2023. 
  4. "Como a maré espalhou meia tonelada de droga em Rabo de Peixe: a história". Consultado o 12 de xuño de 2023. 
  5. "La tragèdia del pobles portuguès que fregia el peix amb cocaïna". Consultado o 12 de xuño de 2023. 
  6. "Como meia tonelada de cocaína extraviada destruiu um povoado português de 7.000 habitantes". Consultado o 12 de xuño de 2023. 
  7. "“Rabo de Peixe”, o fenómeno português da Netflix". Consultado o 12 de xuño de 2023.