Rabioso
Rabioso | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Individuo vivo de Glycymeris glycymeris co perióstraco | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Glycymeris glycymeris' |
O rabioso (Glycymeris glycymeris, Linnaeus 1758) é unha especie de molusco bivalvo mariño, pertencente á familia dos Gliciméridos (Glycymerididae), da orde Arcoida.
Morfoloxía
editarTen unha cuncha netamente circular, sólida, equivalva, que mide uns 6,5 cm de diámetro. Presenta liñas de crecemento concéntricas moi finas. Na charnela ten dúas filas de 6 a 12 dentes en cada valva.
A cor é branca sucia pero mostra numerosas liñas castañas en zigzag, irregulares e distribuídas por toda a superficie. O interior é branco ou marrón, sen mostrar a marca do seo paleal.
Hábitat e bioloxía
editarVive na franxe infralitoral ata profundidades de 100 metros, en fondos de area.
Distribúese na costa europea do Atlántico e no Mediterráneo.
Interese pesqueiro e comercial
editarÉ un molusco pouco apreciado, de carne dura, que só se utilizaba para conservas.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.
- RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Rabioso |