Raúl Hernández Grados

futbolista español

Raúl Hernández Grados, nado en Leganés o 11 de setembro de 1994, é un futbolista español, que xoga como extremo dereito no Fuenlabrada, da Primeira División RFEF.

Raúl Hernández
Información persoal
Nome Raúl Hernández Grados
Nacemento 11 de setembro de 1994
Lugar de nacemento Leganés
Altura 1,83 m.
Posición Extremo dereito
Información de club
Club actual Fuenlabrada
Número 7
Carreira xuvenil
–2013 Rayo Majadahonda
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2013–2015 Rayo Majadahonda 18 (1)
2015 Móstoles 15 (1)
2015–2016 Alcobendas 15 (3)
2016 Atlético de Pinto 13 (2)
2016–2018 Rayo Vallecano B 42 (13)
2018–2019 Barakaldo 16 (1)
2019–2023 San Sebastián de los Reyes 88 (13)
2020–2021 Algeciras 16 (1)
2023– Fuenlabrada 9 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 6 de febreiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse como futbolista na canteira do Rayo Majadahonda e aos 18 anos debutou co primeiro equipo na Terceira División. A continuación pasou polas filas do Móstoles, o Alcobendas e o Atlético de Pinto, antes de recalar en 2016 no Rayo Vallecano B.[1] Tras dúas campañas no filial do Rayo, fichou polo Barakaldo, co que debutou na Segunda División B, e onde coincidiu con Sergio Benito, compañeiro seu en varios equipos.[1]

En 2019 fichou pola UD San Sebastián de los Reyes, club ao que pertenceu ata 2023, xogando entre medias un ano cedido no Algeciras.[1] A continuación incorporouse ao Fuenlabrada, tamén na Primeira División RFEF.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Raúl Hernández llega al Fernando Torres" (en castelán). 29 de xuño de 2023. Consultado o 6 de febreiro de 2024. 
  2. "Más pólvora para el C.F. Fuenlabrada, llega Raúl Hernández" (en castelán). 29 de xuño de 2023. Consultado o 6 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar