Revolutionary United Front

(Redirección desde «RUF»)

O Revolutionary United Front (FRU, en inglés Fronte Revolucionaria Unida) foi un movemento armado rebelde de Serra Leoa e, dende a súa pacificación, un partido político, dirixido durante a súa fase armada por Foday Sankoh en 1991. A súa principal fonte de financiamento foron os chamados diamantes de sangue.[1]

Revolutionary United Front
Logo
Tipopartido político
Data de fundación1991
Data de disolución2002
PaísSerra Leoa
editar datos en Wikidata ]

A guerra civil que causou o seu alzamento durou once anos (1991-2002) e custou a vida de arredor de 100.000 persoas, 2.000.000 de refuxiados, decenas de miles de mutilados por membros amputados e centos de miles de traballadores escravizados para a extracción de diamantes.

O líder Sankoh foi detido polas forzas de pacificación africanas, pero antes de ser xulgado por crime de guerra morreu no (2003).

Notas editar

  1. "A guerra civil en Serra Leoa". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2011. Consultado o 08 de xuño de 2011.