RS-68 é a designación dun tipo de motor foguete utilizado na primeira etapa dos foguetes Delta IV.[1]

RS-27A
Proba dun motor RS-68
País de orixeEstados Unidos[1]
Primeiro voo2002[1]
FabricanteRocketdyne[1]
AplicaciónMotores da primeira etapa dos foguetes Delta IV[1]
EstadoEn produción[1]
Motor de combustible líquido
PropelenteOsíxeno líquido[1] / Hidróxeno líquido[1]
Configuración
Taxa da tobeira21,5[1]
Rendemento
Pulo (no baleiro)3312,0 kN[1]
Taxa de pulo a peso51,2[1]
Presión na cámara95,92 bares[1]
Impulso específico420 s[1]
Isp (nivel do mar)365 s[1]
Dimensións
Peso seco6597 kg[1]
Usado en
Delta IV[1]

Características editar

Os motores RS-68 son fabricados por Rocketdyne e funcionan alimentados por osíxeno líquido e hidróxeno líquido. Teñen un pulo de 3312 kN e úsanse na primeira etapa dos foguetes Delta IV.[1]

No seu momento o RS-68 foi o primeiro gran motor de propelente líquido deseñado nos Estados Unidos en 25 anos. Deseñouse enfocándose na simplicidade para reducir custos, resultando nun motor con menos pezas que similares motores crioxénicos. Pode variar o seu pulo ata o 60% do pulo máximo.[1]

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 Mark Wade (2017). "RS-68" (en inglés). Consultado o 6 de marzo de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar