SSME

(Redirección desde «RS-25»)

SSME, acrónimo de Space Shuttle main engines, e tamén denominados RS-25, é a designación dun tipo de motor foguete utilizado como motores principais dos transbordadores espaciais estadounidenses. Son os únicos motores crioxénicos reusables de alta presión e ciclo pechado que teñen sido postos en produción. Usábanse en grupos de tres na base do transbordador para propulsar o conxunto ata órbita xunto cos foguetes de propelente sólido SRB. Os SSME alimentábanse con hidróxeno líquido e oxíxeno líquido provenintes do tanque externo acaroado ao transbordador. Unha vez en órbita o tanque desbotábase e os motores permanecían no transbordador para volver a terra e ser reusados. O deseño inicial especifaba que os motores debían poder ser reusados ata dez veces sen ser inspeccionados nin desmontados, pero este obxectivo nunca se acadou, tendo que ser inspeccionados tras cada voo, encarecendo os lanzamentos.[1]

SSME / Space Shuttle main engine
Un SSME sendo inspeccionado.
País de orixeEstados Unidos[1]
Data1986-2011[1]
Primeiro voo12 de abril de 1981[1]
FabricanteRocketdyne[1]
AplicaciónMotores principais dos transbordadores espaciais.[1]
EstadoFóra de produción[1]
Motor de combustible líquido
PropelenteOsíxeno líquido[1] / Hidróxeno líquido[1]
Taxa de mestura6[1]
Configuración
Cámara1[1]
Taxa da tobeira77,5[1]
Rendemento
Pulo2278,0 kN[1]
Pulo (nivel do mar)1817,4 kN[1]
Taxa de pulo a peso73,1[1]
Presión na cámara204,08 bares[1]
Impulso específico453 s[1]
Isp (nivel do mar)363 s[1]
Tempo de acendido480 segundos[1]
Dimensións
Lonxitude4,24 m[1]
Diámetro1,63 m[1]
Peso seco3177 kg[1]
Usado en
Transbordador espacial[1]

Os SSME deixaron de usarse coa retirada dos transbordadores espaciais, en 2011. Houbo un intento de mantelos en produción co proxecto de foguetes Ares I e Ares V, que nunca chegaron a materializarse. Serán usados nos voos iniciais do foguete xigante SLS.[1]

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 Mark Wade (2017). "SSME" (en inglés). Consultado o 14 de decembro de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar