Radiation Belt Storm Probes

(Redirección desde «RBSP A»)

Radiation Belt Storm Probes ou RBSP, e máis tarde renomeadas como sondas Van Allen, foi un par de sondas espaciais da NASA lanzadas para estudar o cinto de Van Allen.[1][2]

As dúas sondas RBSP no espazo.

Características editar

As sondas RBSP, denominadas A e B, foron parte do programa Vivindo Cunha Estrela da NASA. Foron lanzadas o 30 de agosto de 2012 a bordo dun foguete Atlas 5 desde Cabo Cañaveral cara a órbita terrestre. A súa misión foi estudar a dinámica do cinto de radiación que rodea á Terra medindo os cambios no campo magnético e eléctrico e as partículas e ondas que hai nesa rexión do espazo.[1][2]

RBSP A foi apagada en xullo de 2019, mentres que RPSB B o foi en setembro dese mesmo ano.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2021). "RBSP" (en inglés). Consultado o 23 de xaneiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "RBSP A, B → Van Allen Probe A, B" (en inglés). Consultado o 23 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar