Río das Gándaras

afluente do Tambre

O río das Gándaras é un curso fluvial galego, afluente do río Tambre pola marxe dereita.

Río das Gándaras
PaísEspaña España
PaísGalicia Galicia
ConcaRío Tambre
Bacía do río Tambre marcada en azul escuro

Toponimia editar

Unha «gándara» fai referencia a un terreo baixo, areento, húmido e improdutivo, onde só medra a maleza. Procedería da palabra prerromana ganda, que significa «pedregal».[1]

Percorrido editar

Nace e morre no concello de Vilasantar. O seu nacemento atópase preto de Ril, na parroquia de Barbeito. Atravesa toda esa parroquia así como a de Mezonzo e remata desembocando no río Tambre, preto do Batán. No seu camiño recibe as augas do río das Cernadas, así como doutros regatos menores, e tamén fai mover o mecanismo dun dos poucos batáns que se conservan na Península[2], e que aínda funciona (agora como pequeno museo), na aldea a que dá nome, O Batán.

Unha ruta de sendeirismo chamada Ruta dos Muíños acompaña o curso do río.

Afluentes editar

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudos de toponimia galega II. Real Academia Galega. pp. 857, 918. ISBN 978-84-87987-85-4. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2020. Consultado o 09 de outubro de 2020. 
  2. "O batán, onde a la perdía o seu peso" (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar