Río Roca

O río Roca nace nas proximidades do monte Penas Pardas e o pico Suatorre, preto da parroquia dos Vilares, en Guitiriz. Tamén é coñecido co nome de Requeixo no seu tramo anterior á unión co río Parga.

Río Roca
PaísEspaña España
rexiónGalicia Galicia
Nacementomonte Penas Pardas
Desembocadurarío Parga

Discorre por unha paisaxe eminentemente agraria, con numerosas praderías, bosques e monte baixo. Rega as parroquias do Buriz, Os Vilares e San Salvador de Parga, todas no mesmo concello de Guitiriz e desemboca na de Roca, preto da ponte de Santo Alberte. Pola dereita recibe as augas dos regatos de Porto de Lea e Casal; pola esqueda as de Porto Barroso, Porto Augalonga, Ponte Rigueira, Porto Moa e Illo.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar



 
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


 
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.