Río Piles
O Piles é un curto río da costa cantábrica do Principado de Asturias, de 10-15 km de lonxitude.
Piles | |
---|---|
O río en Las Mestas, Xixón. | |
País | Asturias España |
Nacemento | Xixón |
Lonxitude | 10-15 km |
Desembocadura | Mar Cantábrico |
Nace da confluencia dos ríos Llantones, Viejo e Peña Francia, no concello de Xixón, e desemboca no mar Cantábrico á altura da praia de San Lorenzo, no centro de Xixón. O seu principal afluente é o río Granda.