Praia de San Lorenzo

A praia de San Lorenzo (en asturiano San Llorienzo) está situada no centro de Xixón. Acunchada e cunha lonxitude de 1550 metros, é unha das praias máis  emblemáticas do Principado de Asturias. Esténdese desde a escaleira 0 ("La Cantábrica"), situada tras da Igrexa de San Pedro, ata a escaleira número 16 (zona coñecida popularmente como "el Tostaderu"), na embocadura do río Piles, despois prolóngase nun lareiro durante trescentos metros máis ata a zona coñecida como "Mayán de Tierra", chegando a totalizar unha lonxitude de  1,8 km. Paralela á praia está o Paseo do Muro de San Lorenzo, que continúa cara ao leste máis aló da propia praia co sendeiro costeiro do Cervigón, un percorrido de máis de 2 quilómetros que conecta con outras praias como a do Rinconín ou a de Peñarrubia.

Praia de San Lorenzo
Vista aérea da praia de San Lorenzo durante un festival aeronáutico en 2014
Coordenadas: 43°32′26″N 5°39′18″O / 43.5405, -5.65487

Características editar

 
Praia de San Lorenzo

Caracterízase por unha area fina e dourada, e por unha auga de boa calidade. As ondas son dun nivel moderado/forte e distínguenese tres zonas de baño diferenciadas e vixiadas por socorristas: Escalerona (escaleira 4), Centro (escaleiras 7-8) e Piles (escaleira 12). Normalmente a zona da Escalerona é a que presenta unhas ondas máis aptas para o baño. A grande amplitude das mareas desta praia condiciona moito a súa anchura.

Servizos editar

A súa localización no centro urbano e a alta concentración de xente garanten que estea dotada de todo tipo de servizos: duchas, a súa alta ocupación e localización en pleno centro urbano garantizan todo tipo de servizos: duchas, lavapés, alugueiro de hamacas, gardarroupa, consignas, aseos, fontes etc.

Á altura da escaleira 4 hai unha oficina de turismo e conta tamén con servizo de salvamento, a súa central está instalada na escaleira número 12 e ten megafonía para transmitir partes meteorolóxicos e estado do mar cada hora, e no mesmo edificio localízase tamén unha comisaría da policía local. 

Deportes editar

A praia está acondicionada para xogar ao volei praia, con dúas pistas na escaleira 15, e ao fútbol praia, que se practica na zona da escaleira 4  cando o permite a marea. Outros deportes marítimos como o surf ou windsurf tamén son habituais na praia.

Recoñecementos editar

No verán do ano 2010 izouse pola primeira vez a bandeira "Ecopraias"[1] que se concedeu de novo para a temporada 2011.[2] Tamén no ano 2011 logrouse o recoñecemento "Q" de Calidade Turística.[3]

 
Placa instalada en 2007 con motivo dos 100 anos da construción do paseo.

Notas editar

  1. Diario El Comercio, 9 de Junio de 2010
  2. "Ayuntamiento de Gijón". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2015. Consultado o 08 de maio de 2015. 
  3. "Ayuntamiento de Gijón". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2015. Consultado o 08 de maio de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar