Río Neretva
O Neretva é un río que flúe por Bosnia e Hercegovina e Croacia, desaugando, neste último país, no mar Adriático, despois dun curso de 225 km. En tempos era coñecido na Europa Occidental polo seu nome italiano de río Nerenta.
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Continente | Europa | |||
Final | ||||
Localización | mar Adriático | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Conca hidrográfica | conca do Adriático | |||
Características | ||||
Dimensións | 225 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 5.581 km² | |||
Sitio Ramsar | ||||
Medicións | ||||
Caudal | 378 m³/s | |||
Percorrido
editarO Neretva nace no macizo de Lebresnice, nos Alpes Dináricos, a 1.095 m de altura, en Hercegovina, e flúe primeiramente cara ao noroeste, para paulatinamente irse curvando cara ao sueste. Despois de pasar pola cidade de Mostar, diríxese cara á rexión da Dalmacia, xa en Croacia, desembocando na cidade de Ploča, ao norte de Dubrovnik.
O Neretva vai con frecuencia encaixado profundamente entre as montañas que corta, ocasionando gargantas como a de Tara, e só de cando en vez se abre en fértiles vales. Nos 50 últimos quilómetros forma o estuario do Neretva, nos que en parte se nota o influxo do mar.
En total o Neretva transita por Bosnia e Hercegovina durante 203 km, e só en case a décima parte do curso, flúe por Croacia.
Afluentes
editarPola beira dereita:
Pola beira esquerda:
Explotación
editarLevantouse un encoro entre as cidades bosníacas de Jablanica e Mostar, e cuxa cola é coñecida como o lago de Jablanica. O río é navegábel desde a desembocadura até Metković, xusto na fronteira bosníaco-croata.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Río Neretva |