Río Krka, Croacia
O río Krka é un río de Croacia. Ten unha lonxitude de curso de 72,5 km, sendo un dos río máis longos da Dalmacia, aínda que só ocupa o posto 22º entre os ríos croatas por tal cualidade.
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Continente | Europa | |||
País da cunca | Croacia | |||
División administrativa | Condado de Šibenik-Knin, Croacia (pt) | |||
Final | ||||
Localización | mar Adriático | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Conca hidrográfica | conca do Adriático | |||
Características | ||||
Dimensións | 73 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 2.088 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 50 m³/s | |||
Percorrido
editarO Krka nace a 3,5 km ao norte da cidade de Knin, ao pé dos Alpes Dináricos, en Topoljski buk, formando unha fervenza de 22 m de altura. Desemboca en Šibenik, no mar Adriático.
Particularidades
editarNos primeiros 49 km de curso é un río de auga doce, pero nos 23,5 km de curso inferior as augas son salobres.
Parque Nacional de Krka
editarBoa parte do percorrido do río transcorre no Parque Nacional de Krka, de 111 km², onde forma espectaculares fervenzas e lagoas.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Krka, Croacia |