Río Eske
O río Eske (en irlandés Abhainn na hIascaigh) é un río de Irlanda. Nace no Lago Eske, ó sueste do condado de Donegal e despois pasa a carón da vila de Donegal antes de desembocar finalmente na Baía de Donegal, no océano Atlántico. O río conta só con 5 quilómetros de lonxitude, o que o converte, xunto co río Corrib, nun dos ríos de Europa máis curtos. A pesar diso, o río moi coñecido pola pesca, sobre todo de troita e salmóns.
Río Eske | |
---|---|
País | Irlanda |
Lonxitude | 5km |
Desembocadura | Océano Atlántico |
Mapa que amosa o curso do río Eske e a localización das seis pontes que o cruzan. | |