Río Dâmbovița
O Dâmbovița (en romanés [ˈdɨmbovit͡sa] (AFI)) é un río de Romanía, cunha lonxitude de 258 km, subafluente do Danubio, e que baña a capital do país, Bucarest.
Río Dâmbovița | |
---|---|
![]() O río Dâmbovița preto de Măneşti | |
País | Romanía |
Altitude | 2.100 msmn |
Lonxitude | 258 km |
Caudal medio | m3/s |
Desembocadura | Río Argeş |
PercorridoEditar
O río ten a súa orixe nas Montañas Făgăraş. No seu curso pasa por Bucarest, antes de se unir ao río Argeş, pola súa beira esquerda, en Budeşti, na provincia de Călăraşi. A súa conca cobre unha área de 2.837 km2.
A provincia de Dâmbovița recibe o seu nome do río, xa que a baña en boa parte do seu percurso.
AfluentesEditar
Entre os numerosos afluentes do río, destaca, pola esquerda, o río Colestina.
Cidades que atravesaEditar
O Dâmbovița atravesa os seguintes concellos, poboacións e cidades:
- Dragoslavele, Malu cu Flori, Cândeşti, Vulcana-Băi, Voineşti, Măneşti, Dragomireşti, Lucieni, Nucet, Conteşti, Lunguleţu, Bucarest, a capital do país; Plătăresti, Vasilaţi e Budeşti
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Dâmbovița |