Río Baltoji Ančia

Baltoji Ančia é un río do sur de Lituania, afluente pola esquerda do río Neman, ten unha lonxitude de 60 km e a súa conca cobre unha superficie de 791 km². O caudal na súa desembocadura é de aproximadamente 5 m³/s.

Río Baltoji Ančia
O río Baltoji Ančia
PaísLituania Lituania
Nacementolago Ančia
Lonxitude60 km
Desembocadurarío Neman
Cadea fluvial791 km²

Traxectoria editar

Nace no lago Ančia na provincia de Lazdijai, flúe cara ó sur, atravesa a cidade de Kapčiamiestis, e deseguida vira ao leste e desauga no lago artificial de Baltosios Ančios para volver retomar o seu curso natural e desembocar no Neman, na fronteira con Belarús.