Râmnicu Vâlcea é unha poboación romanesa, a capital e cidade máis grande do judeţ de Vâlcea, na rexión de Oltenia. Atópase cerca do centro do país, na beira dereita do río Olt, cruzada por dúas estradas nacionais (DN7 e DN62) e unha estrada europea (E81).

Râmnicu Vâlcea
Rúa Tudor Vladimirescu.
Localización
PaísRomanía Romanía
RexiónOltenia
CondadoVâlcea
Xeografía
Altitude600 msnm
Superficie89,5 km²
Demografía
Poboación107.726 hab. (2002)
Densidade1203 hab./km²
Outros datos
www.primariavl.ro

No censo do ano 2002 a poboación da cidade era de 107.736 habitantes, do cales o 98,35% eran romaneses, 1,23% xitanos, e menos do 1% doutras etnias. O 98,67% dos cidadáns son ortodoxos romaneses.

O municipio conta cun equipo moi recoñecido de balonmán feminino —Handbal Oltchim Râmnicu Vâlcea— que gañou, desde 1989, quince premios nacionais, a Copa de Romanía 13 veces. A nivel mundial gañou dúas copas IHF e a Supercopa de Europa en 1984. Tamén na cidade hai dous equipos de fútbol masculino: Club Sportiv Municipal e Club Spoertiv Oltchim, e dous equipos de baloncesto, un masculino e outro feminino.

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar