Ràdio i Televisió d'Andorra

Radio e Televisión de Andorra ou RTVA (en catalán Ràdio i Televisió d'Andorra) é a empresa pública de radio e televisión do Principado de Andorra. O seu principal obxectivo é o de consolidar un servizo de radio e televisión que axude ó pluralismo informativo, á formación dunha opinión pública libre e á difusión da cultura do principado.

Ràdio i Televisió d'Andorra
Logo
AcrónimoRTVA
Tipoempresa estatal e difusora
Data de fundación13 de abril de 2000
SedeAndorra la Vella
PaísAndorra
Na rede
https://www.andorradifusio.ad/
IMDB: co0530769 Facebook: rtva.andorra Twitter: rtvandorra Instagram: rtvandorra Youtube: UChdtVbbjXgQC6rlIwghtyCQ Vimeo: rtva Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Na actualidade conta cunha cadea de televisión creada en 1995 chamada Andorra Televisió; e dúas emisoras de radio Ràdio Nacional d'Andorra e Andorra Música.

Historia editar

A televisión e radio de Andorra naceron o 26 de outubro de 1989 despois de que o Consello Xeral de Andorra acordara a necesidade da creación dunha empresa de radiodifusión. Como resulta, o Organisme de Ràdio i Televisio d'Andorra (ORTA) foi creado e as emisións de Ràdio Nacional d'Andorra comezaron en decembro de 1990. O servizo televisivo comezou a mans de Andorra Televisió (ATV) en 1995. Desde o ano 2002, RTVA foi membro activo da Unión Europea de Radiodifusión e participou no Festival de Eurovisión desde o 2004.[1][2] No ano 2011 decidiu deixar a Unión Europea de Rediodifusión debido a problemas económicos.

A empresa compite coas cadeas de televisión e radio de España e Francia, que tamén se reciben no país.

Notas editar

  1. "EBU.CH :: EBU news - 2002_07_19". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2007. Consultado o 03 de febreiro de 2010. 
  2. Andorra | Country profile | Eurovision Song Contest - Belgrade 2008

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar