Quique Roxíos
Enrique González Álvarez, coñecido literariamente co sobrenome de Quique Roxíos, nado en Boal en 1964, é un escritor asturiano en lingua galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 (59/60 anos) Boal, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Oviedo |
Actividade | |
Ocupación | escritor , funcionario |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria editar
Naceu no lugar de Roxíos, situado dentro da parroquia de Boal. Estudou Dereito na Universidade de Oviedo e exerce como funcionario de xustiza. Foi un dos socios fundadores da Mesa prá Defensa del Galego de Asturias[1] e colaborou con diversas publicacións periódicas como Ámbitu, La Voz de Asturias ou A Freita. Publicou no ano 1999 o poemario Teño dolo da túa risa (Suplemento Literario “O Espello” da revista “A Freita”), en 2002 o libro de contos Debaxo de nabis, sapis (Colección “Castelo das letras” da MDGA) e en 2018 o libro de poesías Personaxe desconocido, (Editorial Canela) composto por tres poemarios incluído o que lle dá título que gañou[2] o XVII Certame de Poesía Andoriña Voandeira da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi.
Notas editar
- ↑ Quique de Roxíos "Vivir sin patria que atenda lo tou", Sermos Galiza, 23 de febreiro de 2017
- ↑ "El poeta de Boal Quique Roxíos gana un premio de poesía en gallego en el País Vasco", El Comercio, 20 de xuño de 2017