Quenlla de Headington
A Quenlla de Headington, denominado no orixinal en lingua inglesa The Headington Shark, é unha escultura localizada no número 2 de New High Street, en Headington, Oxford (Inglaterra). Trátase da representación dunha quenlla ou tiburón plantada no tellado da casa no devandito enderezo.
Características
editarA escultura, realizada en fibra de vidro polo escultor John Buckley, foi erixida no cuadraxésimo primeiro aniversario da caída da bomba atómica sobre Nagasaki, o 9 de agosto de 1986. Segundo Bill Heine, un presentador da radio local, que aínda é propietario da casa, "o tiburón representa a alguén que se sente totalmente impotente e perfora un burato no teito da súa casa nunha mostra de impotencia, rabia e desesperación... é dicir, simboliza a Campaña para o desarmamento nuclear (CND), a enerxía nuclear, Chernóbil e Nagasaki".
A estatua pesa 200 kg e mide 7,60 m. O seu nome é 1986 sen título (título escrito na porta da casa).
Controversia
editarO Consello municipal da cidade de Oxford intentou retirar a escultura por razóns de seguridade (e tamén porque se instalara sen permiso para construír), pero permanece no seu lugar grazas ao apoio popular.