Un queimador é un dispositivo para queimar combustíbel e producir calor, xeralmente mediante unha chama.

Queimadores nunha cociña de gas.

Habitualmente vai asociado a unha caldeira ou a un xerador de calor para quentar auga ou aire, pero tamén se usa en procesos industriais para quentar calquera substancia, nos laboratorios (por exemplo o queimador de Bunsen) e nas cociñas de gas.

En función do seu tamaño, pode habelos desde un como un prendedor de cigarros para quentar unha tubo de ensaio até un xigantesco capaz de producir 30 000 KW ou máis.

O combustíbel usado pode ser gasoso, xeralmente gas natural, butano, propano etc.; líquido, xeralmente gasóleo (tamén fuelóleo) ou unha combinación de ambos (gas e gasóleo), en cuxo caso o aparello denomínase quemaidor mixto.

Hainos atmosféricos, que producen a chama a presión ambiente, e con soprador, onde un ventilador se encarga de aumentar a presión do aire necesario para a combustión, o que fai que se poida queimar máis cantidade de combustíbel e que o rendemento sexa superior.

Nalgúns países do Leste de Europa, como Polonia e Ucraína, adoitábase mesturar po de carbón con gas, para aumentar o poder calorífico do combustíbel, pero non é norma habitual hoxe en día.

Principio de funcionamento con combustíbel líquido editar

Unha bomba de gasóleo se encarga de someter o combustíbel líquido a unha elevada presión para que, ao introducilo por un tubo cara a unha boquilla cun orificio moi pequeno, saia pulverizado (como un aerosol) e mesturado con aire, que un ventilador se encarga de introducir no fogar da combustión. É xusto nese momento cando se produce unha ignición para prender unha chama, por medio dun eléctrodo de ignición.

Principio de funcionamento con combustíbel gasoso editar

Neste proceso non es necesario converter o líquido en gas. Introdúcese directamente o gas mesturado con aire no fogar e, mediante unha chispa, préndese a chama.

Neste sistema hai máis dispositivos de seguridade porque, ao contrario do que ocorre co gasóleo, o gas si arde en condicións ambientais. En cambio, no caso do gasóleo é necesario quentalo ou sometelo a presión para que arda.